CONVOCATORIA EGAP: Cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega
- Formación
- Idiomas
30 de enero de 2025
Hoxe publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2025 pola que se convocan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
O número de prazas por curso será de 25.
O persoal que desexe participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP <https://egap.xunta.gal/matricula>, e non serán admisibles outras formas de solicitude.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 7 de febreiro de 2025.
Accede a Resolución👇🏽