IMELGA: COMISIÓNS DE SERVIZO

  • Concursos y movilidad
  • Comisiones de servicios

20 de febrero de 2025

 

Poderá participar o persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover.

O persoal funcionario que á data da publicación desta convocatoria estea desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución, poderá participar na convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo).

Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da Resolución do 21 de marzo de 2022 modificada pola Resolución do 2 de setembro de 2024 e pola Resolución do 10 de outubro de 2024.

Accede a resolución 👇🏽

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR