Convocatoria Mesa Xeral venres 20 decembro

  • Convocatorias
  • CSIF Informa

19 de diciembre de 2024

Función Pública vén de convocarnos á xuntanza de Mesa Xeral de empregados públicos para o próximo venres día 20 cos seguintos asuntos na orde do día.

 

1.Proposta de Acordo entre a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal da Xunta de Galicia e as organizacións sindicais para a correcta finalización de determinados procesos de estabilización mediante concurso, de escalas y categorías de persoal de Defensa contra incendios forestais convocadas como consecuencia do establecido na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes de redución da temporalidade no emprego público ⇔ ACORDO COAS ORGANIZACIONS SINDICAIS BOMBEIROS CONCURSO ESTABILIZACION 

2. Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma deGalicia, subgrupo A2 ⇔ Convocatoria A2-

3. Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola
modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de técnicos de carácter facultativo, grupo B e no corpo de axudantes de carácter facultativo da Administración especial e no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma, subgrupo C1 ⇔ Convocatoria C1-

4. Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola
modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo auxiliar da Administración xeral e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 ⇔ Convocatoria C2-

 

COMPARTIR