Campaña da vixilancia da saúde 2025 no ámbito da Administración xeral da Xunta
- CSIF Informa
4 de febrero de 2025

No DOG de hoxe día 4 de febreiro publícase a convocatoria para anotarse, de xeito voluntario, aos recoñecementos médicos periódicos, a inscrición realizarase a través de PORTAX para o persoal da Administración xeral da Xunta de Galicia e de OPAX para o persoal da administración de xusticia.
O prazo de inscrición abrirá mañá mércores día 5 e será de 4 meses desde o día seguinte á publicación no DOG.
Consulta aquí a resolución ⇔ Campaña Vixilancia da Saúde