Resolución definitiva de centros educativos públicos que desenvolven un plan de formación permanente do profesorado (PFPP) no curso 2023/24

  • Convocatorias

14 de noviembre de 2023

Resolución definitiva de plans de formación permanente do profesorado (PFPP) que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2023/24

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, ou ben directamente o recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso- Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

 

 

 Accede á resolución DEFINITIVA en https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_definitiva_pfpp_2023.pdf

COMPARTIR