Programa educativo “Cinema con perspectiva”

  • Convocatorias

7 de diciembre de 2023

Resolución do 1 de decembro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o programa educativo “Cinema con perspectiva” dirixido a centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2023/24.

Alumnado destinatario


Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria e 1º e 2º curso de Educación Secundaria Obrigatoria dos centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Proceso e prazo de solicitude


As solicitudes enviaranse ao enderezo electrónico http://orientacion.vocacional@edu.xunta.gal co seguinte asunto: Solicitude “Cinema con perspectiva 2023/24”. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación desta convocatoria en https://www.edu.xunta.gal/portal/

 

Resolución do 1 de decembro de 2023: Convocatoria

 

Solicitude

COMPARTIR