REGULACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E DE GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O ANO 2022
- Otros artículos
12 de enero de 2022

REGULACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E DE GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O ANO 2022
Proba de acceso ao grao medio, presentación de solicitudes
O prazo de presentación estará abranguido entre os días 3 e 16 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» accesible desde a sede electrónica.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365
2. Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2021/22. As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da aplicación «Ciclosprobas» ), que xerará un documento en formato pdf co formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición. No caso de solicitantes menores de idade, poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais.
As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 25 de maio de 2022
Proba de acceso ao grao superior
O prazo de presentación estará abranguido entre os días 31 de xaneiro e 11 de febreiro de 2022, ambos os dous incluídos.
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo II (código de procedemento ED312D), dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia . Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365
2. Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2021/22. As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da aplicación «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) que xerará un documento en formato pdf co formulario normalizado de solicitude, anexo II (código de procedemento ED312D), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.
As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 28 de abril de 2022