COMISIÓN DE SERVIZOS POR SAÚDE E CONCILIA: APERTURA DO PRAZO
- Concursos y movilidad
- Comisiones de servicios
22 de mayo de 2020
DENDE O LUNS 25 DE MAIO E ATA O 5 DE XUÑO ESTARÁ O PRAZO ABERTO PARA AQUELAS PERSOAS QUE DESEXEN SOLICITAR UNHA COMISIÓN DE SERVIZOS POR SAÚDE OU CONCILIA

Dende o luns 25 de maio e ata o 5 de xuño incluido estará aberto o prazo para que todo o persoal docente poida solicitar comisións de servizo por conciliación da vida familiar e laboral (CONCILIA) e comisións de servizo por motivos de saúde (SAÚDE).
Este ano por circunstancias relacionadas co estado de alarma so existirá este prazo para todo o persoal (funcionarios de carreira, funcionarios en practicas, interinos e sustitutos).
Tanto a CONCILIA como a de SAÚDE se solicitan por vía electrónica. Primeiro cubrese a instancia en https://www.edu.xunta.es/
Podes ver os CSIF INFORMA, tanto da comisión por CONCILIA, como da comisión por SAÚDE e a normativa que as regula nos arquivos dispoñibles na parte inferior desta nova.