CONCURSO XERAL DE TRASLADOS 2021-2022.

  • Otros artículos

8 de octubre de 2021

CXT 2021-2022

 

CONCURSO XERAL DE TRASLADOS 2021/2

 

 

 

CONCURSO XERAL DE TRASLADOS

PUBLICADO NO DOG A RESOLUCIÓN DEFINITIVA

 

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación, convocado pola Orde do 26 de outubro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 214, do 8 de novembro) (código de procedemento ED012A).

 

Primeiro. Adxudicarlle destino definitivo, en virtude de concurso de traslados, ao persoal funcionario docente do corpo de mestres que figura no anexo I desta resolución, nos centros e sedes que nel se especifican.

Segundo. Adxudicarlle destino definitivo, en virtude de concurso de traslados, ao persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño e inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación que figura no anexo II desta resolución, nos centros e sedes que nel se especifican.

Terceiro. Declarar en situación de expectativa de destino o persoal funcionario do corpo de mestres que se relaciona no anexo III.

Cuarto. Declarar en situación de expectativa de destino o persoal funcionario dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño e inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación que se relacionan no anexo IV.

Quinto. Aprobar e publicar a relación definitiva de persoas excluídas dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación que se relacionan no anexo V, polas causas que se indican.

Sexto. No caso de que ata o 31 de agosto deste ano resulten suprimidos postos de traballo adxudicados pola presente resolución e co obxecto de determinar cal é o profesorado afectado pola dita supresión, observarase o disposto no artigo 3 do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo polas funcionarias e funcionarios docentes que prestan servizos nos centros educativos que impartan ensinanzas distintas das universitarias e o cómputo de antigüidade no centro en función das causas de acceso a el (DOG núm. 169, do 1 de setembro).

Tamén se poderán declarar anulados os destinos adxudicados que estean afectados pola estimación de recursos derivados desta resolución. O profesorado afectado e que participa como forzoso quedará na situación de suprimido con dereito preferente á localidade/zona en que se lle anula o posto de traballo obtido. Se participaron con carácter voluntario, adquirirán o dereito preferente á localidade e á zona na cal se lle anula o posto de traballo obtido ou en que tiña acreditado o destino definitivo, á súa elección, sempre e cando a súa resulta non fose cuberta.

Sétimo. De conformidade co establecido na base trixésimo cuarta da Orde do 26 de outubro de 2021 (DOG do 8 de novembro), a toma de posesión dos novos destinos adxudicados, que se realizará na xefatura territorial correspondente, terá efectividade administrativa do 1 de setembro de 2022, polo que o cesamento nos centros anteriores se expedirá con efectividade do 31 de agosto de 2022.

Oitavo. Ao persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos, inspectores, profesores ou mestres que obteña destino desde a situación de persoal suprimido ou desprazado ou exercendo o dereito de retorno, faráselle constar esta circunstancia na dilixencia de toma de posesión.

Noveno. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal),con carácter potestativo, recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que sexa competente, de acordo co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

 

 

 

 

 

 

Resolución definitiva do concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos e PES, PT, EOI, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de FP, mestres de taller de APD, mestres e inspectores de educación

 

Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación, convocado pola Orde do 26 de outubro de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm.214, do 8 de novembro) (código de procedemento ED012A).

Así mesmo, unha vez publicada a dita resolución no Diario Oficial de Galicia, o persoal interesado poderá interpoñer, por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada), un recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes a contar dende o día seguinte á dita publicación, segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para os efectos de interpoñer o recurso de reposición, a persoa interesada deberá proceder do seguinte xeito:

1.- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal/portada

2º Autenticarse co seu usuario e contrasinal

3º.- Localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso de traslados (código de procedemento ED012A/2021) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Recurso de reposición”

4º Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”

O recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.

PREME AQUÍ PARA A NOTICIA COMPLETA

 

LIGAZÓN A TODA A INFORMACIÓN SOBRE O CONCURSO DE TRASLADOS

 

IMPORTANTE: O prazo para participar nas Comisións de Conciliación familiar e de Saúde será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG

 

VACANTES DEFINITIVAS DO CXT

PREME AQUÍ

 

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO CXT

 

PREME AQUÍ

 

RESOLUCIÓN PROVISONAL CONCURSO DE ORIENTACIÓN 

PREME AQUÍ

 

 

 

CONCURSO XERAL DE TRASLADOS 2021/22

Unha vez publicada no DOG a convocatoria do Concurso Xeral de Traslados  publicamos o monográfico CSIF INFORMA sobre o CXT 21-22  donde podes informarte dos aspectos máis importantes relacionados co concurso (baremo, forma de participación, táboas co profesorado en expectativa, puntuación coa que se obtivo destino no anterior concurso…) 

Podes consultar a Guía de participación no CXT  para ver como debes facer a túa instancia paso a paso.

Tes á túa disposición tamén un catálogo de centros donde podes consultar información sobre cada centro.

 

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 9 ao 29 de novembro ambos incluídos.

  • Presentación e entrega das solicitudes: por sede electrónica de xeito exclusivo.

 

 

 

 

 

XUBILACIÓNS PREVISTAS POR PROVINCIAS

A CORUÑA

 

PRIMARIA  E SECUNDARIA

                 

LUGO

 

PRIMARIA  

SECUNDARIA

 

OURENSE

PRIMARIA  

SECUNDARIA

 

PONTEVEDRA

 

PRIMARIA  

SECUNDARIA

 

 

 

VACANTES POR PROVINCIAS

A CORUÑA

VACANTES PROVISIONAIS PRIMARIA  

VACANTES PROVISIONAIS DE SECUNDARIA

 

 

LUGO

 

VACANTES PROVISIONAIS

OURENSE

VACANTES PROVISIONAIS

 

PONTEVEDRA

VACANTES PROVISIONAIS PRIMARIA

VACANTES PROVISIONAIS

 

 

 

 

 

 

 

VACANTES PROVISIONAIS  FACILITADAS POLA CONSELLERÍA

 

 

PROFESORES DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

PROFESORES EOI

PROFESORES DE FP

MESTRES DE TALLER DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

PROFESORES DE ENSINO SECUNDARIO

INSPECTORES

MESTRES

CATEDRÁTICOS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS

PROFESORES DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CONCURSO DE TRASLADOS ESPECÍFICO DE ORIENTACIÓN MESTRES 2021/22

 

ORDE do 5 de novembro de 2021 

Acceso ao CONCURSO: http://www.edu.xunta.gal/cxt e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

  • As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. (código de procedemento ED013A).
  • Prazo presentación de solicitudes e documentos será de 15 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG

TODA A INFORMACIÓN SOBRE O CONCURSO

 

 

 

 

 

-----------------------------------------------

 

 

COMISIÓN AVALIADORA CXT

 

RESOLUCIÓN

-----------------------------------------------

 

 

 

PODES CONSULTAR AQUÍ OS CONCURSOS ANTERIORES:

 

Consulta CXT 2020-2021

Consulta CXT 2019-2020

Consulta CXT 2018-2019


 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR