Publicación da composición dos tribunais de valoración das probas de coñecemento de lingua castelá e lingua galega nas oposicións Galicia 2024

  • Otros artículos

30 de abril de 2024

As probas realizaranse o día 14 de maio de 2024 no IES As Fontiñas (Santiago de Compostela)

Resolucións do 29 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos polas que se proceden a nomear e facer públicas as composicións dos tribunais que xulgarán as proba de acreditación do coñecemento da lingua castelá e lingua galega nos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia

As probas realizaranse no seguintes días, horas e lugares:


LINGUA CASTELÁ

Data: 14 de maio de 2024
Hora: ás 17:00 horas.
Lugar: IES As Fontiñas, rúa de Estocolmo, 5 Santiago de Compostela (A Coruña)

LINGUA GALEGA

Data: 14 de maio de 2024
Hora: ás 18:30 horas.
Lugar: IES As Fontiñas, rúa de Estocolmo, 5 Santiago de Compostela (A Coruña)

 

 

 

COMPARTIR