Resolución DEFINITIVA CADP para o curso 2024/25

  • Concursos y movilidad

1 de agosto de 2024

Xúntase Resolución do 2 de agosto de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se publica a adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o próximo curso académico 2024/25 ao persoal dos corpos docentes que non teña destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concellaría, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino ou substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo de acordo co establecido no artigo 37.d) da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais (DOG núm. 113, do 14 de xuño) e o punto quinto da Resolución do 11 de xuño de 2024 (Diario Oficial de Galicia núm. 119, do 20 de xuño) da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

 

Unha vez publicada no DOG a resolución de adxudicación definitiva, as persoas interesadas disporán dun prazo dun (1) mes para interpoñer recurso potestativo de reposición contra a citada resolución contado dende o día seguinte ao da publicación. O prazo será o comprendido entre o día 24 de agosto de 2024 ata o día 23 de setembro de 2024.

 

O dito recurso deberá formularse exclusivamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o código de procedemento ED002B.

 

Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.

 

O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.

COMPARTIR