Convocatoria para o procedemento elaboración de LISTAS INTERINIDADES e SUBSTITUCIÓNS en diversos CORPOS e ESPECIALIDADES

  • Empleo

17 de octubre de 2024

Publícanse as diferentes  resolucións do 17 de outubro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polas que se convocan procedementos para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades dos corpos de PES (590), PEOIs (592), CMAE (593) PMAE (594), PAPD(595),e  PESSFP(598),

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ venres día 18 de outubro ata o día xoves 24 de outubro de 2024, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ venres día 18 de outubro de 2024.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

ESPECIALIDADES CONVOCADAS

Corpo de profesorado de ensino secundario (590)

Corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas (592)

Corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593)

Corpo de profesores de música e artes escénicas (594)

Corpo de profesores de artes plásticas e deseño (595)

Corpo de profesorado especialista en sectores singulares da FP (598)

 

COMPARTIR