Convocatoria Concurso Específico de Orientación 2024-25

  • Concursos y movilidad
  • Traslados

26 de noviembre de 2024

 

ACCESO Á APLICACIÓN

 

  • O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 27 de novembro de 2024 ata o día 18 de decembro de 2024, ambos incluídos.

  • * No caso de que o expediente do persoal concursante non estea actualizado ou se discrepe dos datos contidos en calquera categoría de datos deste poderase actualizar ou modificar no prazo de presentación de solicitudes do concurso de traslados específico coa presentación por medios electrónicos da solicitude normalizada de actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes desta consellería (código de procedemento ED011A) salvo no suposto de que xa presentase electronicamente a devandita solicitude de actualización en relación co concurso xeral de traslados e non posúa ningún outro mérito máis para engadir.

    * No caso de que figuren méritos xa validados no expediente persoal pero non baremados poderá presentar unha alegación no prazo que se establece para reclamacións e renuncias na base décimo quinta da orde de convocatoria.

    *Non se permitirá a presentación de documentación complementaria xunto coa solicitude de participación no concurso de traslados específico no procedemento código ED013A.

    Para acceder á información relacionada co concurso de traslados específico Prema aquí

 

Dende CSIF ENSINO queremos axudarche neste proceso coa posta á túa disposición dos seguintes documentos:

 

Toda esta información así como as novidades que se vaian producindo relativas a este concurso iranse actualizando diariamente e estarán á vosa disposición no banner lateral de concursos ao que podedes acceder no enlace https://www.csif.es/contenido/galicia/educacion/368219

COMPARTIR