CSIF ENSINO rexeita o acordo de melloras das condicións laborais do profesorado galego proposto pola Consellería
- Negociaciones y acuerdos
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
- Profesores de Religión
11 de octubre de 2023
Oportunidade perdida na recuperación das condicións de traballo do profesorado e da calidade do ensino público galego, totalmente insuficiente. Seguiremos reivindicando melloras reais para o conxunto do profesorado galego.
CSIF ENSINO, sindicato maioritario do profesorado de relixión de Galicia non asina o acordo proposto pola administración para reducción de ratios e horas lectivas xa que o considera totalmente insuficiente.
Dende a nosa independencia e responsabilidade co colectivo que representamos dixemos NON ao acordo.
Este acordo non cumpre con algunhas das demandas básicas do profesorado de relixión:
- Volta ás 21 horas lectivas en primaria e ás 18 en secundaria.
- Baixada das ratios en todos os niveis de maneira conxunta e en menos anos.
Lembrade que estos temas son moi importantes para o noso colectivo. A volta ao horario anterior e a baixada de ratios implicarían menos itinerancias do profesorado indefinido e unha maior contratación de persoal substituto.