Axudas MUFACE para mulleres vítimas de violencia de xénero
- Otros artículos
26 de octubre de 2023
Resolución de 24 de outubro de 2023, de MUFACE, pola que se convoca a concesión de axudas para mulleres vítimas de violencia de xénero para o ano 2023.
- Aberto o prazo dende o 27 outubro ata o 15 de novembro.
- Requisitos: ter acreditada a condición de vítima de violencia de xénero mediante algunha das formas previstas no artigo 23 da Lei Orgánica 1/2004.
- Presentación: a través da Sede Electrónica con Cl@ve, certificado dixital ou DNI electrónico. Quen desexe presentar a solicitude presencialmente na súa correspondente oficina provincial non terá que pedir cita previa.
- Contía: 1000 euros por solicitante e convocatoria e igual cantidade por cada fillo ou filla beneficiario.
Excepcionalmente, poderá recoñecerse e pagarse unha única vez a axuda con carácter retroactivo ás vítimas que puideran ser obxecto de axuda desde o 28 de Xuño de 2005 (data de entrada en vigor o apartado correspondente da Lei Orgánica 1/2004)