Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de PES (590)

  • Empleo
  • Ofertas y bolsas de trabajo

14 de noviembre de 2023

Resolución do 10 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de asesoría e procesos de imaxe persoal (590103), procesos de produción agraria (590115), procesos na industria alimentaria (590116), procesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos (590117), procesos sanitarios (590118), procesos e produtos de téxtil, confección e pel (590120), procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico (590219) e de procedementos sanitarios e asistenciais (590220) do corpo de profesores de ensino secundario (590)

  • As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
  • Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
  • Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas

 

  • 590103 Asesoría e procesos de imaxe persoal
  • 590115 Procesos de produción agraria
  • 590116 Procesos na industria alimentaria
  • 590117 Procesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos
  • 590118 Procesos sanitarios
  • 590120 Procesos e produtos de téxtil,confección e pel
  • 590219 Procedementos de diagnósticoclínico e ortoprotésico
  • 590220 Procedementos sanitarios e asistenciais

 

 

GALERÍA

COMPARTIR