O profesorado non se vende
- Negociaciones y acuerdos
19 de noviembre de 2023
Máis de 4000 persoas asistiron hoxe á manifestacion en Compostela pola defensa do ensino público na terceira actuación levada a cabo neste mes de novembro
Máis de 4000 persoas asistiron hoxe á manifestacion en Compostela pola defensa do ensino público na terceira actuación levada a cabo neste mes de novembro.
Na manifestación convocada por CSIF, CIG ensino e STEG que se celebrou hoxe en Santiago de Compostela, houbo unha gran participación do profesorado galego e tamén de familias e alumnado que se ven afectados negativamente polo Acordo firmado.
Esta foi a terceira actuación neste mes de novembro de loita pola recuperación dos dereitos docentes e pola mellora do ensino público que rematou cunha participación da comunidade educativa aínda maior que a do pasado 24 de outubro, o primeiro dos dous días de folga convocados neste trimestre por CSIF, CIG-Ensino e STEG tras a sinatura por parte da Xunta cunha minoría sindical dun acordo que non dá resposta ás demandas do colectivo docente.