Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional da lista de interinidade e substitución na especialidade de análise e química industrial (590102) do corpo de PES (590)

  • Empleo
  • Ofertas y bolsas de trabajo

22 de noviembre de 2023

Resolución do 22 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de análise e química industrial (590102) do corpo de profesores de ensino secundario (590) (Código de procedemento ED003A).

  • As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
  • Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.

 

 

COMPARTIR