Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional da lista de interinidades e substitucións de diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

  • Empleo
  • Ofertas y bolsas de trabajo

22 de diciembre de 2023

Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592)

 

  • As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
  • Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
  • Achégase resolución, baremo provisional e a relación provisional de persoas excluídas"

 

 

 

 

ESPECIALIDADES CONVOCADAS

 

  • 592002 Árabe
  • 592008 Francés
  • 592009 Galego
  • 592012 Italiano
  • 592015 Portugués

 

COMPARTIR