Reunión de delegados do profesorado de relixión co subdirector xeral de centros e recursos humanos da Consellería de Educación

  • Prensa y Comunicación
  • Notas de prensa y comunicaciones

4 de enero de 2024

 Hoxe a responsable de CSIF ENSINO e delegados do profesorado de relixión do sindicato mantiveron unha reunión co subdirector xeral de centros e recursos humanos da Consellería de Educación.

Nesa reunión trasladáronlle ó subdirector xeral as inquedanzas do día a día e as propostas de maior calado que afectan ó colectivo de profesores-as de relixión de Galicia.

 Entre os puntos tratados na reunión destacan:

1. Acceso ó posto de traballo e mobilidade do profesorado de relixión. Concurso de Traslados.

2. Aspectos non regulados no Acordo de Itinerancias ou dúbidas de interpretación do mesmo que precisan aclaración.

3. Apoios Educativos en primaria.

4. Xubilación do profesorado de relixión. Contrato remuda.

5. Avanzar no proceso de estabilización laboral do profesorado de Relixión.

 O subdirector xeral comprometeuse a avanzar naqueles temas que competen directamente o seu departamento.

 Esta é a primeira das reunións que CSIF ENSINO como sindicato maioritario no profesorado de relixión ten solicitadas na Conselleria de Educación e noutras direccións xerais da Xunta para tratar temas que afectan ó colectivo.

COMPARTIR