CADP. Apertura do prazo de solicitudes de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais
- Concursos y movilidad
- Destinos provisionales
- Otros artículos
18 de mayo de 2021
Apertura do prazo de solicitudes de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais
De acordo co artigo 39.1 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (Diario Oficial de Galicia n.º 113, do 14 de xuño), o persoal interino e substituto que se atope nalgunha das situacións recollidas no punto décimo cuarto da Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería, poderá formular solicitude de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP)
PRAZO: desde o 15 de maio ata o 31 de maio de 2021, ambos incluídos
COMO REALIZAR A SOLICITUDE DE NON PARTICIPACIÓN?
1º) Acceder a aplicación de Substitutos a través do seguinte enderezo: https://www.edu.xunta.gal/substitutos/
2º) Ir a: Solicitar renuncia CADP
3º) Incluir datos DNI
4º) Premer en “Nova Solicitude”
5) En “Datos da Solicitude”, debe seleccionar o Corpo, a Causa da renuncia e a Documentación xustificativa. Unha vez cubertos eses campos, prema en “Gardar” e aparecerá unha mensaxe “A solicitude foi gardada correctamente”.
6) Prema agora en “Validar solicitude” e revise se todo está correcto e de ser así , prema en “Confirmar”, e sairá a seguinte mensaxe “ A solicitude foi validada correctamente”. Prema agora en “Comprobante”, e debe aparecerlle a seguinte mensaxe. “A súa petición de informe está sendo procesada. Para ver o informe debe ir ao buzón de informes. Pode acceder ao buzón empregando o enlace do menú”.
7) Acceda ao Buzón de informes e descargue e imprima a solicitude.
8) Asinar a solicitude e presentala preferentemente na sede electrónica da Xunta de Galicia mediante o modelo de Solicitude xenérica (código de procedemento PR004A) seguindo os pasos que se indican a continuación:
-Acceda a ligazón premendo aquí
-Prema no botón en cor laranxa “Tramitar en liña”
-Abrirase unha pantalla informativa sobre a necesidade de dispor de Chave 365 ou certificado electrónico para acceder. Prema no botón “Aceptar”
-Introduza o seu NIF e o seu contrasinal de Chave 365 ou identifíquese co seu certificado dixital
-Nestre intre xa pode cubrir a solicitude para a presentación electrónica da solicitude (código PR004A). No campo DESTINATARIO debe elexir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Unha vez cuberta a solicitude prema no botón “Continuar”
-Neste paso debe anexar a seguinte documentación:
a) a solicitude de non participación cuberta anteriormente no enderezo https://www.edu.xunta.gal/substitutos asinada.
b) a documentación xustificativa da solicitude de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais.
Unha vez anexada a dita documentación, prema no botón “Continuar”
-A seguir deberá asinar a solicitude xenérica e presentala no rexistro para o que se lle enviará o seu teléfono móbil un pin que deberá introducir para finalizar a presentación.
-Por último, a sede electrónica informaralle que a súa solicitude foi presentada e poderá obter o recibo xustificativo coa data e hora de presentación e o número de rexistro.
No seu defecto, poderá presentar a solicitude nalgún dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, xunto coa documentación xustificativa.
QUE DOCUMENTACIÓN HAI QUE ACHEGAR XUNTO COA SOLICITUDE?
Xunto coa solicitude deberá achegarse a documentación xustificativa de que o persoal interino ou substituto se atopa nalgunha das situacións relacionadas no punto décimo cuarto da Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm.131 do 11 de xullo).