CADP. CONCURSO DE ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS PARA O CURSO ACADÉMICO 2022/23

  • Otros artículos

20 de junio de 2022

 

 

CONCURSO DE ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS PARA O CURSO ACADÉMICO 2022/23 

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2022/23 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B).

O prazo para formular a solicitude, que se presentará do xeito que se establece no artigo 14 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente, será de 15 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia: Do 21 de xuño ata o 12 de xullo

Aquelas persoas que, estando obrigadas, non presenten unha solicitude entenderase que se acollen á validez da formulada para o curso académico 2018/19, 2019/20, 2020/21 ou 2021/22, de conformidade co establecido no artigo 21 da citada Orde do 7 de xuño de 2018.

 

PRAZOS

  • Solicitudes: Do 21 de xuño ata o 12 de xullo

  • Relación provisional do persoal obrigado a participar: 7 de xullo Reclamacións: 5 días hábiles.

  • Relación definitiva do persoal obrigado a participar: 26 de xullo

  • Lista provisional do persoal excluído da participación: 7 de xullo Reclamacións: 5 días hábiles.

  • Lista definitiva do persoal excluído da participación: 26 de xullo

  • Resolución provisional: 26 de xullo

  • Reclamacións: 2 días hábiles

  • Adxudicación definitiva: 2 de agosto

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR