Xornadas PRL. A espalda. Actuacións dende a Prevención de Riscos Laborais
- Prevención de Riesgos Laborales
30 de septiembre de 2022
A dor cervical e lumbar, segundo os últimos informes do Sistema Nacional de Saúde do Ministerio de Sanidade, son a principal causa de incapacidade e absentismo laboral en España.
A dor cervical e lumbar, segundo os últimos informes do Sistema Nacional de Saúde do Ministerio de Sanidade, son a principal causa de incapacidade e absentismo laboral en España.
Por tal motivo, proponse a realización desta actividade formativa co obxectivo de favorecer uns bos hábitos posturais, unha correcta ergonomía e unha praxe anatómica que evite este tipo de lesións ou dores lumbares e así, en definitiva, axudar a unha mellora da saúde e satisfacción dos traballadores, evitando que este problema teña unha repercusión negativa na vida persoal, social e laboral dos traballadores.
Dada a multitude de casuísticas que poden xerar este tipo de problemas lumbares, e polo tanto, o variado abanico de tarefas e/ou ocupacións nas que se precisa este tipo de formación por afectar a multitude de sectores profesionais, diríxese a todo tipo de traballador e traballadora, das diferentes actividades produtivas de Galicia, que polas súas características, poidan ter problemas de tipo lumbar
As persoas asistentes que desenvolvan con aproveitamento esta actividade recibirán un diploma acreditativo.
DÍA: 4 OUTUBRO
LUGAR: PONTEVEDRA
Hospital Montecelo
Mourente, s/n
36071 Pontevedra
HORARIO: 16.00 A 20.00 h
DÍA: 5 OUTUBRO
LUGAR: VILAGARCÍA
Hospital do Salnés
Rúa Hospital do Salnés, 30
36619 Vilagarcía de Arousa
HORARIO: 16.30 a 20.30 H
DÍA: 6 OUTUBRO
LUGAR: VIGO
Hospital do Meixoeiro
Estrada de Meixoiro, s/n
36214 Vigo
HORARIO: 16.00 H a 20.00 H
DÍA: 14 Y 28 DE OUTUBRO
LUGAR: OURENSE
Salón de actos do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense
Ramón Puga, 54
32005 Ourense
HORARIO: 16.30 a 20.30 H (14 Outubro) 10.00 a 14.00 H (28 Outubro)