Resolución DEFINITIVA comisións de servizo por razóns de SAÚDE (humanitarias)

  • Convocatorias

9 de uztaila de 2024

Xúntase a Resolución do 10 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se fai pública a relación definitiva de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, admitidas e excluídas de conformidade coa Orde do 28 de febreiro de 2020, código de procedemento ED010B (DOG nº 46, do 9 de marzo).

De conformidade co artigo 13 da Orde do 28 de febreiro de 2020, contra esta resolución definitiva, as persoas interesadas poderán formular recurso de reposición, no prazo comprendido entre o día 11 de xullo de 2024 e o día de 12 de agosto de 2024, ambos os dous incluídos, por medios electrónicos, mediante o trámite Recurso de reposición activado no procedemento normalizado ED010B do seguinte xeito:

Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal

  1. Autenticarse co seu usuario e contrasinal de Chave 365 ou contrasinal se emprega certificado electrónico.
  2. Localizar o ÚLTIMO expediente presentado na sede correspondente á solicitude de comisión de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, (código de procedemento ED010B) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Recurso de reposición”.

IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS NESTE PROCEDEMENTO, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER A ÚLTIMA SOLICITUDE PRESENTADA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED010B). Non se tramitarán os recursos formulados en solicitudes que non sexan á última presentada neste procedemento en sede electrónica.

  1. Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”

O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o recurso asinado como o recibo de presentación deste.

PARTEKATU