MOBILÍZATE por un Ensino Público de Calidade

23 de urria de 2024

MOBILIZACIÓN O PRÓXIMO SÁBADO 26 DE OUTUBRO CONTRA OS RECORTES


Dende CSIF ENSINO GALICIA queremos convocarvos a unha mobilización que terá lugar o próximo día 26 de outubro en Santiago de Compostela con saída ás 12 dende a Alameda.
Esta mobilización vén motivada polos recortes en persoal e as necesidades dos centros neste comezo de curso que non foron atendidas dende a Consellería, a pesar de darse a entender que ía ser un curso cheo de melloras para o profesorado e os centros.
Apoiamos así as numerosas protestas das ANPAs e dos centros educativos.
Reclamamos un maior número de profesorado para a atención á diversidade en Infantil e Primaria, e denunciamos a falta de atención ás demandas do alumnado e profesorado de Secundaria, FP e Ensinanzas de Réxime Especial e que non se teña producida ningunha mellora laboral para este colectivo de profesores.
Abogamos por un Ensino Público e de Calidade, no que se impliquen todas as administracións.
Por todo isto pedimos o teu apoio a esta mobilización para poder deixar patente o malestar do profesorado galego coa xestión do sistema educativo actual.
 

 
 

PARTEKATU