Listaxes e baremos DEFINITIVOS das listas de interinidades e substitucións RELIXIÓN

  • Empleo
  • Ofertas y bolsas de trabajo

21 de azaroa de 2024

Resolución do 20 de novembro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702400), nos centros docentes públicos que dependen desta consellería(código de procedemento ED003A)

  • As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet desta consellería, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" activado no procedemento normalizado ED003A

Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.

Resolución do 20 de novembro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión evanxélica, nos niveis de infantil e primaria (701402) e no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702403) nos centros docentes públicos que dependen desta consellería (código de procedemento ED003A).

PARTEKATU