Consulta das listaxes de instancias presentadas para o CXT e específicos de orientación e adultos

  • Concursos y movilidad
  • Traslados

31 de urtarrila de 2025

PUBLICACIÓN PARA EFECTOS INFORMATIVOS DAS SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN DOS CONCURSOS E PUNTUACIÓNS OUTORGADAS

 

ACCESO Á APLICACIÓN

Para xeral coñecemento e para efectos meramente informativos, desde o día 31 de xaneiro ata o 7 de febreiro de 2025 poderanse consultar as solicitudes de participación do concurso xeral de traslados e dos específicos de adultos e orientación na lapela Listaxes de concurso/ Listaxes de instancias no menú esquerdo desta páxina web.

De conformidade coa base trixésima da Orde do 21 de outubro de 2024 (DOG nº 212, do 4 de novembro) e a base décimo oitava da Orde do 4 de decembro de 2024 (DOG nº 234, do 4 de decembro), o persoal concursante poderá presentar reclamacións á puntuación outorgada con anterioridade á resolución provisional do concurso unha vez que se fagan públicas na páxina web da consellería.

As reclamacións formularanse por correo electrónico aos seguintes enderezos segundo proceda:

persoal.primaria@edu.xunta.gal

persoal.secundaria@edu.xunta.gal

O persoal concursante deberá indicar no correo electrónico o seguinte:

Asunto: reclamación á puntuación outorgada no concurso

Mensaxe: no contido da mensaxe deberá concretarse o apartado, epígrafe ou subepígrafe que reclama e unha breve descrición da alegación efectuada.

PARTEKATU