Convocatoria PIALE 2025
- Convocatorias
28 de otsaila de 2025

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Do 3 de marzo ao 21 de marzo, ambos incluídos.
SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN:
As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https:// sede.xunta.gal (código de procedemento ED305F). O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible nesta páxina e cubrirase o formulario electrónico que corresponda en función da actividade solicitada.
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA
a) Anexo III, modelo de folla de autobaremación cuberta nas epígrafes que correspondan, en que se relacionen os méritos alegados na mesma orde que aparecen expostos no anexo II.
b) Acreditación dos méritos académicos, profesionais ou de calquera índole que aleguen, que non estean recollidos no seu expediente de datos persoais. Estes serán xustificados mediante os documentos que se especifican no baremo que se inclúe no anexo II. Non serán tidos en conta nin valorados os méritos alegados e non xustificados debidamente, nin os que se aleguen fóra do prazo a que se refire o artigo 10 desta convocatoria
c) Certificado, expedido pola secretaría do centro, co visto e prace da persoa directora, en que conste a área, materia ou módulo que imparte a persoa solicitante durante o curso académico 2024/25.
d) Acreditación do nivel lingüístico segundo o MCERL, na/nas lingua/s correspondente/s da/das actividade/s solicitada/s, agás para aquelas persoas que xa teñan recollida esta información no seu expediente de datos persoal
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
CONTACTO:
Correo electrónico: formaes@edu.xunta.gal
Teléfono de contacto: 981546532, 981997419.
A organización das actividades será realizada polas empresas que resulten adxudicadas no procedemento de contratación que aínda está en trámite. Unha vez finalizada a contratación, realizaranse sesións informativas con carácter previo ás actividades.