Convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2024
- Convocatorias
12 de martxoa de 2024
Prazo de solicitudes dende o 14 de marzo ata o 5 de abril de 2024
- Datas de realización das probas.
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio e xuño de 2024, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).
- Localidades onde se van realizar as probas e niveis.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
Santiago de Compostela: Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4
Ponferrada - Celga 2, Celga 3 e Celga 4
- Presentación de solicitudes
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, todas as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes, contado a partirdo día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
De non se ditar resolución expresa sobre as solicitudes presentadas no prazo de tres meses, que se contará desde a data de peche do prazo de presentación de solicitudes previsto na convocatoria, as solicitudes entenderanse desestimadas.