Novas de Función de Pública: estabilización, incendios, concurso de traslados e previsión de datas de exame
- CSIF Informa
3 de otsaila de 2025
Nas mesas xeral e sectorial celebradas o pasado venres, solicitáronselle á Directora Xeral aclaracións sobre varios temas, con seguinte resultado:
Procesos de estabilización: Infórmasenos de que se están a revisar as alegacións dos procesos en Baremación Provisional tralo cal se publicarán os Baremos Definitivos. Dos procesos que están en Baremación Definitiva, pendentes de Relación de aprobados, teñen un prazo de 1 mes para a presentación dos recursos e estanse a analizar a estimación ou non dos xa presentados, pola posible incidencia na relación de aprobados.
Procesos de Incendios: Están a realizar a validación dos inscritos nos 10 procesos. Unha vez validados tódolos expedientes publicaranse os baremos provisionais.
Concurso de Traslados: Estanse a publicar as actualizacións dos méritos nos procesos de Arquitectos e Inxeñeiros así como na de Incendios. Dinnos que están priorizando a Resolución destes Concursos pendentes dos de veterinarios e os de escalas sociais, estes últimos pendentes da publicación da RPT do Consorcio
Previsión de datas de Exames: Comentan que están analizando tanto os procesos como as prazas que se convocarán de acordo coas OPEs do 2022, 2023 e 2024, incidindo en que nos farán chegar unha previsión en canto a teñan.
No resto das outras moitas cuestións dende función pública comunícannos que “ESTAMOS TRABAJANDO EN ELLO”.