CONVOCATORIA MESA SECTORIAL XUSTIZA O DÍA 1O-03-2025
- Convocatorias
- Últimas noticias
- CSIF Informa
25 de otsaila de 2025

A Dxx cambia a mesa sectorial de xustiza convocada para o día 3 de marzo por solicitude de este sindicato ante a imposibilidade de asistir por motivos de axenda. Convocandose reunión de mesa sectorial de xustiza para o día 10 de marzo, ás 11:00 horas (Sala Colmeiro na EGAP) co seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Negociación da proposta de RPT das oficinas de xustiza do municipio.
- Negociación da proposta de RPT das oficinas xerais do rexistro civil. Fase I
- Negociación da proposta de RPT das oficinas de xustiza. Fase I
- Rogos e preguntas
De acordo ao mencionado a Dxx cambia a reunión sectorial prevista para o día 3 de marzo, ás 11:00 horas, e acorda levala a cabo como reunión de traballo a través de videoconferencia, CSIF reitera a solicitude de suspensión da mesa do día 3 de marzo, dado que a DXX non remitiu a información básica e necesaria para comezar a negociación, como as cuantías do CE ou o documento das cargas de traballo, puntos que exixe a Lei de Eficiencia para que a negociación teña validez e eficacia. A falla deses datos vicia a negociación, e ademáis podería, incluso, conlevar a súa nulidade. Estamos a comezar a construir un novo modelo de xustiza. Poñamos uns alicerces sólidos.
A continuación adxuntamos os borradorres nos que se propñen as Relacións de Postos de Traballo para as Oficinas Xerais de Rexistro Civil, as Oficinas de Xustiza Municipais e as Oficinas de Xustiza dos partidos xudiciais 👇🏽