Calendario para realizar eleccións para a constitución do consello escolar en centros docentes de nova creación e outros sostidos con fondos públicos
- Normativa
- Otra normativa
22 de iraila de 2023
Regúlase a constitución do consello escolar por primeira vez nos centros creados con posterioridade á renovación levada a cabo no último trimestre do curso pasado, ao tempo que se regulariza a situación daqueles centros que, por razóns de diversa índole, non realizasen as eleccións no citado proceso do ano 2022.
Calendario de eleccións para centros que inician o funcionamento no curso 2023/24:
1. As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativapara a primeira constitución do consello escolar nos centros que iniciaron o seu funcionamento no curso 2023/24 realizaranse entre os días 6 e 10 de novembro de 2023, ambos os dous incluídos.
2. A xunta electoral regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, segundo a redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, constituirase entre os días 16 e 20 de outubro de 2023, ambos os dous incluídos.
3.- O prazo de admisión de candidatos non deberá ser inferior a sete días naturais.
4. A primeira renovación do consello escolar dos centros a que se refire este ordinal producirase no ano 2024, coincidindo coa renovación do resto dos consellos escolares.
Calendario de eleccións para os centros que non realizaron a primeira constitución ou a renovación parcial no ano 2022.
1. Os centros que na convocatoria do ano 2022 deberían ter realizado a primeira consti-ución ou a renovación parcial do consello escolar pero que por calquera circunstancia non a fixeron deberán regularizar a súa situación levando a cabo o proceso electoral de acordo
co calendario e normas previstos nesta resolución.
2. No caso de renovación parcial, para determinar os membros do consello escolar que deben ser renovados terase en conta o establecido nos correspondentes decretos polosque se establecen os regulamentos orgánicos. Ademais, os centros modificarán en cada
renovación parcial o número de membros do consello escolar en función do número de unidades que teñan nese momento.
3. Os centros a que se refire este ordinal realizarán a renovación do consello escolar no ano 2024, coincidindo coa renovación do resto dos consellos escolares no ámbito daComunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co establecido na normativa vixente.
Logo da constitución do consello escolar, a que se refire o artigo 52 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, a dirección do centro remitiralle ao xefe ou xefa territorial, antes do 15 de decembro de 2023, toda a documentación.