Modificación orde titulacións a efectos da incorporación en listas de interinidades

  • Normativa
  • Órdenes

13 de urria de 2023

Modifícase a Orde do 20 de novembrode 2019 pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006,do 3 de maio, de educación, en centros docentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Procédese á modificación dos anexos incorporados á Orde do 20 de novembro de 2019 coa finalidade de reflectir tanto as novas especialidades que integran o corpo de profesores de ensino secundario como as especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional. Asímesmo, para unha mellor comprensión e intelixibilidade desta, é necesario publicar todos os anexos completos e con todas as modificacións que se realizaron desde a aprobación desta norma, así como actualizar as titulacións relacionadas nestes.

 

Inclúese tamén nesta modificación os anexos relativos ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres de artes plásticas e deseño.

Erantsitako fitxategiak

PARTEKATU