Convocatoria Concurso Específico de Adultos 2023-24
- Concursos y movilidad
- Otros Concursos y Movilidad
27 de abendua de 2023
ORDE do 17 de novembro de 2023 pola que se convoca concurso de traslados específico entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario, funcionario de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario e funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres, para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas dependentes desta consellería.
PRAZO DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 5 de decembro ata o 28 de decembro de 2023, ambos os dous incluídos. Finalizado este prazo, non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas e os seus termos terán carácter vinculante para as persoas solicitantes. Así mesmo, tampouco se admitirá ningunha documentación complementaria alegada mediante o procedemento ED011A, de conformidade co establecido na epígrafe 2.2 da base vixésima, unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes do concurso de traslados.
SOLICITUDES DE ACTUALIZACIÓN E/OU MODIFICACIÓN DO EXPEDIENTE
As solicitudes de participación e a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente (código de procedemento ED011A) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos de acordo co procedemento exixido nesta convocatoria.
No caso da solicitude de participación, o persoal participante deberá manifestar nela de modo expreso, que reúne os requisitos exixidos na convocatoria e deberá cubrirse na páxina web http://www.edu.xunta.gal/cxt, e unha vez xerado modelo normalizado, presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. mediante a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A).
A citada solicitude PR004A que xunta o modelo normalizado xerado previamente (na páxina web http://www.edu.xunta.gal/cxt) dirixirase á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Mesmo cando se concurse por máis dunha especialidade, o persoal concursante presentará unha única solicitude e soamente se poderá obter un único destino. No suposto de participar no concurso de traslados por máis dun corpo, presentarase unha solicitude por cada corpo polo cal se participa.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistemade usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
No caso de presentar máis dunha solicitude do mesmo tipo, tanto de participación como de actualización e/ou modificación do expediente, soamente se admitirá a última presentada validamente na sede electrónica da Xunta de Galicia e que se acreditará co recibo de presentación xerado polo Rexistro electrónico da Xunta de Galicia.
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA
3.1. As persoas interesadas deberán anexar na sede electrónica, xunto coa solicitude xenérica (código de procedemento PR004A), a seguinte documentación
a) Solicitude de participación, confeccionada a través do enderezo web https://www.edu.xunta.es/cxt
A) Persoal concursante co expediente actualizado:
- Solicitude de participación, confeccionada a través do enderezo web https://www.edu.xunta.es/cxt
B) Persoal concursante co expediente sen actualizar:
No prazo de presentación de solicitudes establecido nesta base, o persoal docente que participe neste concurso específico e considere que non ten o seu expediente actualizado, ademais da presentación da solicitude de participación no concurso por medios electrónicos empregando a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A), deberá presentar a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa, de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A).
A documentación acreditativa dos méritos deberá presentarse na orde en que figura cada un dos méritos na solicitude do procedemento ED011A, e achegaranse para cada mérito que se vaia alegar os documentos individualizados respectivos e todos os méritos deben ser obxecto de alegación na mesma solicitude.
Dende CSIF ENSINO queremos axudarche neste proceso coa posta á túa disposición dos seguintes documentos:
- ORDE CONCURSO ESPECÍFICO ADULTOS (publicada en DOG 04/12/2023)
-
ACCESO AO MANUAL DE USUARIO PARA A PARTICIPACIÓN (documento con instrucións para manexar sen complicacións a aplicación do concurso)
Toda esta información así como as novidades que se vaian producindo relativas a este concurso iranse actualizando diariamente e estarán á vosa disposición no banner lateral de concursos ao que podedes acceder no enlace https://www.csif.es/contenido/galicia/educacion/368219