O TS recoñece o cómputo das vacacións non desfrutadas do persoal temporal como servizos prestados
- CSIF Informa
5 de apirila de 2024
CSIF denunciara a discriminación deste grupo de traballadores respecto do persoal fixo
Unha sentenza do Tribunal Supremo recoñece ao persoal temporal o tempo de vacacións -non desfrutadas, pero compensadas economicamente e cubertas por cotizacións á Seguridade Social- como tempo de servizos prestados, para todos os efectos económicos e administrativos.
CSIF pon a disposición de todos os traballadores afectados por esta situación os seus locais sindicais para realizar as reclamacións que correspondan.
Comproba se te ves afectado e achégate ao teu delegado sindical.