Produtividade violencia de xénero sobre a muller para o ano 2025.

  • CSIF Informa

11 de abril de 2025

A Dirección Xeral de Xustiza comunícanos onde se cobrará un complemento retributivo por obxectivos de carácter mensual, que percibiría aquel persoal funcionario que tivese o seu destino nos centros de traballo con competencias en materia de violencia sobre a muller segundo a seguinte clasificación:

a) Xulgados exclusivos de violencia sobre a muller (en Galicia son os da Coruña e Vigo).

b) Xulgados de instrución que asumen a materia de violencia sobre a muller de xeito compartido con outras materias penais, do resto das cidades galegas (Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Pontevedra). Actualmente existen 5 xulgados de instrución con estas características:

· Xulgado de Instrución núm. 2 de Ferrol

· Xulgado de Instrución núm. 3 de Santiago de Compostela

· Xulgado de Instrución núm. 3 de Lugo

· Xulgado de Instrución núm. 3 de Ourense

· Xulgado de Instrución núm. 3 de Pontevedra

c) Xulgados de primeira instancia e instrución do resto dos partidos xudiciais que asumen a materia de violencia sobre a muller de xeito compartido con outras materias penais, sempre que no ano anterior incoasen polo menos 75 ou máis dilixencias en materia de violencia sobre a muller.

 

Na estatísca  correspondente do Consello Xeral do Poder Xudicial sobre os datos do ano 2024 constátase que cumpren o criterio establecido na cláusula 6.c do Acordo os seguintes xulgados de primeira instancia e instrución que asumen a materia de violencia sobre a muller:

•          Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 de Betanzos

•          Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Carballo

•          Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Noia

•          Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Ordes

•          Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 de Ribeira

•          Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Mondoñedo

•          Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Monforte de Lemos

•          Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Viveiro

•          Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 do Barco de Valdeorras

•          Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 do Carballiño

•          Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 Verín

•          Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Caldas de Reis

•          Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 de Cambados

•          Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Cangas

•          Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Lalín

•          Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Marín

•          Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Ponteareas

•          Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 do Porriño

•          Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Redondela

•          Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Tui

•          Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3  de Vilagarcía de Arousa

 

Polo que catro novos xulgados cobrarán o devandito complemento con efectos económicos dende o 01.01.2025:

•          Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Mondoñedo

•          Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 do Barco de Valdeorras

•          Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 Verín

•          Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Lalín

COMPARTIR