NEGOCIACIÓN PREACORDO DO COMPLEMENTO ESPECÍFICO 2026-2028 E PROXECTO DE ESTRUTURA DA OFICINA XUDICIAL

  • Últimas noticias
  • CSIF Informa

11 de abril de 2025

NEGOCIACIÓN PREACORDO DO COMPLEMENTO ESPECÍFICO 2026-2028 E PROXECTO DE ESTRUTURA DA OFICINA XUDICIAL

A Dirección Xeral de Xustiza trasladou ás sete organizacións sindicais o borrador do Preacordo do Complemento Específico 2026-2028 e do Proxecto de estrutura da Oficina Xudicial. Os sete sindicatos en unidade sindical, en defensa dos dereitos dos/das traballadores e traballadoras da Xustiza en Galicia, fixemos conxuntamente as alegacións aos respectivos textos,  das que ,de xeito resumido, vos informamos.

Preacordo do Complemento Específico:

Queremos que se introduza unha cláusula de garantía, para que calquera actuación que, como consecuencia da implantación da oficina xudicial, afecte ás condicións laborais dos traballadores e traballadoras sexa negociada obrigatoriamente na Mesa Sectorial.

Proxecto de Estrutura da Oficina Xudicial:

  • Propuxemos a creación de áreas e dentro destas a de equipos posto que cantas máis áreas e equipos haxa mellor, posto que se ofrecerá un servizo á cidadanía por persoal máis especializado  e porque suporía un maior número de centros de traballo aos que poder concursar. 
  • Aclarámoslle á Dirección Xeral que non é o mesmo un equipo de traballo que un grupo de traballo, xa que estes non forman parte da estrutura da oficina xudicial.
  • Esiximos que o apoio ao rexistro do servizo de garda sexa só en asuntos non urxentes.
  • Esiximos que se cumpra o disposto na Lei Orgánica do Poder Xudicial e que non se establezan pola porta de atrás compatibilidades do persoal de auxilio dos servizos comúns para prestar funcións nos rexistros civís, posto que a lei non permite a compatibilidade das funcións da Oficina Xudicial coas do Rexistro Civil, senón que contempla xusto ao revés (o persoal do Rexistro Civil é o que pode compatibilizar coa Oficina Xudicial).
  • Solicitamos que se fagan equipos de garda para a prestación durante todo o ano respectando os mesmos descansos para todos os compoñentes deses equipos.
  • Tamén pedimos que os postos de traballo destinados á atención de funcións gobernativas se determinen nas RPTS para ser ocupado polo persoal que se estableza no proceso de axuste.
  • E finalmente recordámoslle a Dirección Xeral de Xustiza que a Administración está obrigada a negociar a estrutura da Oficina Xudicial (ao que non parece disposta), xa que segundo o disposto no artigo 37 do EBEP, ten a obriga de negociar os instrumentos de planificación de recursos humanos e todas as cuestións que afecten ás condicións de traballo, incluída a relativa á mobilidade funcional, así como os criterios xerais sobre planificación estratéxica dos recursos humanos, naqueles aspectos que afecten ás condicións de traballo dos/das empregados/as públicos/as. 

 

Ficheiros adxuntos

COMPARTIR