Datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega: niveis Celga 1, 2, 3 e 4

  • Convocatorias
  • Formación
  • Otra formación
  • Idiomas

23 de abril de 2025

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 3 de marzo de 2025 (código de procedemento PL500C)

Os centros de realización das probas serán:

En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas Fraguas (rúa Londres, 10) –para o Celga 4, Celga 3 e Celga 2– e a Escola Galega de Administración Pública (rúa Madrid, 2) –para o Celga 1–.

En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade (vía Río Burbia, s/n).

En Madrid: a Casa de Galicia en Madrid (rúa de Casado del Alisal, 8).

As probas comezarán ás 9.00 horas, de modo que as persoas admitidas deberán presentarse, no centro que lles corresponda, con antelación suficiente. Na web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias) tamén se poderá consultar esta información, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada nivel e localidade. Así mesmo, na web publicarase, na semana das probas correspondentes, a porta de acceso ao centro e a aula asignada a cada persoa para a realización da proba escrita. No caso daquelas persoas ás cales, atendendo a causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de adaptación ou apoio, a Secretaría Xeral da Lingua comunicaralles directamente o día, a porta de acceso e a aula que se lles asigne.

Respecto da proba oral de cada nivel Celga, lémbrase que esta se realizará o mesmo día que a proba escrita. A hora concreta en que cada persoa deberá estar presente para realizar a dita proba oral publicarase no centro correspondente, así como na web da Secretaría Xeral da Lingua, unha vez que remate a proba escrita.

Accede á resolución 👇🏽

 

Ficheiros adxuntos

COMPARTIR