Reunión sobre acción social 2025.

  • CSIF Informa

23 de abril de 2025

No día de hoxe tivo lugar a Comisión de Acción Social na que, por parte das OO.SS. se fixeron as alegacións oportunas ó borrador da resolución sobre acción social que pretende publicar a Dirección Xeral de Xustiza, o cal indica que a partida orzamentaria é de 21.911 euros para axuda do programa de atención de persoas con discapacidade.

Dende CSIF puxemos de manifesto o escaso que resulta este orzamento, o cal segue, ano tras ano coa mesma cifra irrisoria, así como a insuficiencia do persoal beneficiario.

Por todo isto, solicitamos que se amplíe tanto o orzamento coma o catálogo de persoas beneficiarias, equiparándoas, como mínimo, ás de outros ámbitos como, por exemplo, Ministerio, onde tamén reciben axudas por fillos ou transporte.

COMPARTIR