Convocatoria Comisión de Persoal 23 decembro

  • CSIF Informa

20 de decembro de 2024

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convócanos a Comisión de Persoal Ordinaria o vindeiro luns 23 de decembro de 2024.

 

ORDE DO DIA

Proposta de acordo entre a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal da Xunta de Galicia e as organizacións sindicais para a correcta finalización de determinados procesos de estabilización mediante concurso, de escalas y categorías de persoal de Defensa contra incendios forestais convocadas como consecuencia do establecido na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes de redución da temporalidade no emprego público ⇔ ACORDO COAS ORGANIZACIONS SINDICAIS BOMBEIROS CONCURSO ESTABILIZACION

Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2 ⇔  Resolución convocatoria A2-

Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de técnicos de carácter facultativo, grupo B e no corpo de axudantes de carácter facultativo da Administración especial e no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma, subgrupo C1 ⇔ Resolución convocatoria C1

Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo auxiliar da Administración xeral e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2. ⇔ Resolución convocatoria C2

COMPARTIR