O profesorado non se vende
- Prensa y Comunicación
- Notas de prensa y comunicaciones
5 de decembro de 2023
Após da masiva participación nas distintas mobilizacións convocadas polo CSIF , CIG e STEG que culminaron coa histórica folga do 28 de novembro en contra do acordo de renuncias asinado por CCOO, UGT e ANPE co goberno da Xunta, os sindicatos promotores esiximos unha reunión co conselleiro coa fin de negociar un acordo de melloras reais.
No comunicado conxunto das tres centrais sindicais CSIF, CIG E STEG que acadaron o 60% da representación nas eleccións sindicais de hai agora un ano, ínstase a Román Rodríguez a escoitala voz do profesorado que esixe a rectificación do acordo asinado pola minoría sindical.
Neste comunicado parabenízase ao profesorado que amosou unha grande implicación para acadar a dignificación do labor docente e por recuperar os nosos horarios lectivos, por unha redución das ratios que comece xa en todas as etapas e que se complete en prazos razonables e non a golpe demográfico, por medidas inmediatas para a redución da burocracia e por un reparto lineal dos fondos destinados a subas salariais.
Neste documento as tres centrais sindicais facemos unha valoración moi positiva da masiva participación nas mobilizacións malia contar coa desunión sindical provocada pola propia consellería e os sindicatos minoritarios asinantes aos que se lles insta a unirse na defensa dos puntos básicos comúns reinvindicados nos seus propios programas electorais das últimas eleccións sindicais.
A proposta de mínimos que ofrecemos segue en pé, polo que as respostas e accións para superar o actual acordo terán continuidade se non hai quen, do outro lado, se sente a negociar. O conselleiro, ou se este non pode, o presidente da Xunta, teñen a palabra.
[[{"fid":"756295","view_mode":"default","type":"media","link_text":null,"attributes":{"height":739,"width":500,"class":"media-element file-default"}}]]