Resolución provisional de centros educativos públicos que desenvolven un novo plan de formación permanente do profesorado (PFPP) no curso 2024/25

  • Convocatorias

17 de outubro de 2024

A partir da publicación desta resolución abrirase un prazo de cinco días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias. Transcorrido este prazo, unha vez estudadas e, de ser o caso, atendidas as mencionadas reclamacións e renuncias, a comisión seleccionadora elevaralle a proposta definitiva á persoa titular da dirección xeral, quen resolverá a relación final dos plans seleccionados. O procedemento para realizar reclamacións ou renuncias dirixirase á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades
e Formación Profesional, Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónico normalizado (código PRO04A), que se deberá identificar coa denominación “PFPP 24_25” xunto coa documentación correspondente. Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-
e-servizos/chave365).

COMPARTIR