Convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso 2025/2026.: RENOVACIÓN E NOVAS SOLICITUDES
- Convocatorias
12 de febreiro de 2025

NOVAS SOLICITUDES
Desde o 11 de febreiro de 2025 ata o 26 de marzo de 2025, o Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes abre a convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso escolar 2025/2026.
Convócanse prazas de Auxiliares de Conversa de lingua alemá, chinesa, francesa, inglesa, italiana e portuguesa.
Axudas dirixidas a persoas graduadas e estudantes universitarias, como mínimo de segundo curso (ao peche da convocatoria), dos seguintes países:
Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Bulgaria (inglés), Canadá (francés ou inglés), China, Costa de Marfil, Dinamarca (inglés), Estados Unidos, Filipinas, Finlandia (inglés), Francia, Hungría, Irlanda, India, Islandia (inglés), Italia, Luxemburgo, Malta, Marrocos (francés), Noruega (inglés), Nova Zelandia, Países Baixos (inglés), Países de Oceanía (Fixi, Illas Salomón, Kiribati, Samoa, Tonga e Vanuatu), Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Suecia (inglés), Suíza (alemán ou francés), Tailandia e Tunes (francés).
Ligazón á convocatoria:
Información:
- Persoas candidatas de Alemaña, Austria, Bélxica, Brasil, Bulgaria, Costa de Marfil, Dinamarca, Finlandia, Francia, Hungría, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Malta, Marrocos, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Suecia, Suíza e Tunes: auxiliares.conv@educacion.gob.es.
- Persoas candidatas de Australia, Canadá, China, EEUU, Filipinas, India, Nova Zelandia, Países oceánicos, Singapur e Tailandia: auxiliares.extra@educacion.gob.es.
- Apoio ás consultas de tipo informático da aplicación Profex 2.0: profex.soporte@educacion.gob.es.
- Información sobre a convocatoria: https://aee.educacionfpydeportes.gob.es/oportunidades/todas/auxiliares-conversacion/extranjeros.html
RENOVACIÓN DE SOLICITUDES
Información en galego, castelán e inglés relativa ao proceso de renovación no Programa de Auxiliares de Conversa en Galicia. Contén ligazóns á plataforma de solicitude e á información.
Estas instrucións van dirixidas ás persoas participantes no programa de auxiliares de conversa durante o curso 2024/2025 que desexen solicitar a renovación no programa durante o curso 2025/2026.
A ter en conta:
- Non é posible participar no programa de auxiliares de conversa en Galicia máis de tres cursos escolares consecutivos.
- É obrigatorio realizar a formación didáctica específica para persoas auxiliares de conversa.
- Prazo de solicitudes: desde o 11 de febreiro de 2025 ata o 26 de marzo de 2025.