Publicación en DOG da convocatoria dos procedementos selectivos de acceso aos diferentes corpos en Galicia para o ano 2025
- Empleo
- Oposiciones
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
- Maestros
- Profesores de Secundaria FP y Enseñanzas de Régimen Especial
16 de febreiro de 2025

Xúntase a Orde do 14 de febreiro de 2025 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).
- O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 18 de febreiro de 2025 ata o día 10 de marzo de 2025, ambos incluídos.
A presentación da solicitude deberá ser obrigatoriamente por medios electrónicos mediante o procedemento normalizado ED001A. Nesta convocatoria o pago da taxa deberá realizarse na sede electrónica con anterioridade á presentación telemática da solicitude (máis información en https://www.edu.xunta.gal/oposicions/).