Convocatoria do VII Concurso de Podcasts – Radio na biblio

  • Convocatorias

19 de febreiro de 2025

Resolución do 18 de febreiro de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o VII Concurso de Podcasts – Radio na biblio, destinado a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración coa Radio Galega (CRTVG), no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe) para o curso 2024/25. Poderán participar neste concurso centros integrados ou non no programa Radio na biblio.

A solicitude realizarase a traves do aplicativo https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas/

  • Prazo de entrega de solicitudes: un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no portal educativo (http://www.edu.xunta.gal): do 20 de febreiro ao 20 de marzo.

 

COMPARTIR