Convocatoria da concesión do Selo Biblioteca Escolar Solidaria e da selección de experiencias de Voluntariado de Primaria
- Convocatorias
10 de marzo de 2025

Resolución do 18 de febreiro de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a concesión do Selo Biblioteca Escolar Solidaria e a selección de experiencias de Voluntariado na biblioteca escolar Primaria de centros integrados no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, destinadas a centros públicos de nivel non universitario e de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no curso 2024/25.
Concederánse 5 Selos na modalidade de "Biblioteca Escolar Solidaria" e seleccionaranse 10 experiencias na modalidade de Voluntariado na biblioteca escolar Primaria.
O programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" é unha iniciativa integrada no Plan LÍA 2021-2025 de bibliotecas escolares, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude onde se integra como un programa de voluntariado cultural.
Os prazo de solicitude será de 15 días hábiles a contar a partir do día seguinte da publicación desta resolución.
As solicitudes presentaránse na aplicación https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas/