CSIF INFORMA declaración da RENDA 2024

  • Otros artículos

9 de abril de 2025

CAMPAÑA RENDA 2024
LEMBRA QUE A TÚA AFILIACIÓN A CSIF DESGRAVA
Marca a CASILLA 14 “Cotas satisfeitas a sindicatos”

Pregunta na túa sede de CSIF polos nosos servizos para afiliados e afiliadas

DATAS IMPORTANTES:


CITA PREVIA:
        Para que a Axencia Tributaria confeccione a túa declaración da Renda 2024 é necesario solicitar cita previa.  
 Desde o 29 de abril para confeccionarcha por TELÉFONO.
 Desde o 29 de maio para confeccionarcha en OFICINA.
 Fin solicitude cita: 27 de xuño.

CALENDARIO PRINCIPAL:

2 de abril: inicio presentación Renda por internet.
29 de abril: Inicio solicitude de cita para atención telefónica.
6 de maio: Inicio presentación Renda WEB atención telefónica.
29 de maio: Inicio solicitude de cita para atención presencial.
2 de xuño: Inicio presentación renda atención presencial (oficinas).
25 de xuño: Ten en conta que a data límite para efectuar a domiciliación bancaria do pago se a declaración resulta a ingresar é o 25 de xuño.
30 de xuño: último día para a presentación da declaración da renda.

Para ser atendido pola Axencia Tributaria tanto por teléfono como presencialmente, concerte previamente cita, por Internet ou chamando aos seguintes números de teléfono. Teléfono automático: 91 535 73 26 / 901 12 12 24 ou Servizo de cita para Renda: 91 553 00 71 / 901 22 33 44.

NOVIDADES A DESTACAR ESTE ANO:


NÚMERO DE REFERENCIA
A Axencia tributaria puxo ao dispor dos contribuíntes o novo servizo para obter o número de referencia que permitirá xestionar todo o relativo á Campaña de Renda 2024 (e para as campañas anteriores).
O número de referencia que obtivese o contribuínte anteriormente non é válido, polo que deberá obter un novo.
A casilla a introducir para a obtención do número de referencia é a 505 da declaración da Renda de 2023.

Podedes obter o número de referencia a través da APP da Axencia Tributaria ou nunha ligazón habilitada pola Axencia Tributaria na páxina web.
En todo caso, rexistrándose en Cl@ve, poderás acceder a todas as xestións da Renda, sen necesidade de obter o número de referencia.


PAGO A TRAVÉS DE BIZUM
Unha das novidades este ano é que, no caso de que a declaración resulte a ingresar, engádese o pago mediante tarxeta de crédito en condicións de comercio electrónico seguro ou mediante BIZUM.

COMPARTIR