Convocatoria e instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño
- Convocatorias
22 de abril de 2025

Xúntase a Resolución do 7 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2025/26.
O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día 23 de abril de 2025 ata as datas especificadas a continuación para cada caso:
- Para aspirantes que soliciten realizar a proba que substitúe o requisito de titulación o prazo rematará o día 13 de xuño de 2025.
- Para aspirantes que NON soliciten realizar a proba que substitúe o requisito de titulación o prazo rematará o día 26 de xuño de 2025.
A tramitación para ciclos formativos de grao superior e a publicación de listaxes xeradas en relación con este procedemento farase a través desta aplicación informática: https://www.edu.xunta.gal/eas/
A tramitación para ciclos formativos de grao medio farase a través das páxinas web dos diferentes centros educativos que facilitarán o acceso á aplicación para realizar solicitudes. (consultar a guía de acceso).