O profesorado non se vende

  • Negociaciones y acuerdos

19 de novembro de 2023

Máis de 4000 persoas asistiron hoxe á manifestacion en Compostela pola defensa do ensino público na terceira actuación levada a cabo neste mes de novembro

Máis de 4000 persoas asistiron hoxe á manifestacion en Compostela pola defensa do ensino público na terceira actuación levada a cabo neste mes de novembro.

Na manifestación convocada por CSIF, CIG ensino e STEG que se celebrou  hoxe  en Santiago de Compostela, houbo unha gran participación do profesorado galego e tamén  de familias e alumnado  que se ven afectados negativamente polo Acordo firmado.


Esta foi a terceira  actuación neste mes de novembro de loita pola recuperación dos dereitos docentes e pola mellora do ensino público que rematou cunha participación  da comunidade educativa aínda maior que a do pasado 24 de outubro, o primeiro dos dous días de folga convocados neste trimestre por CSIF, CIG-Ensino e STEG tras a sinatura por parte da Xunta cunha minoría sindical dun acordo que non dá resposta ás demandas do colectivo docente.

GALERÍA

COMPARTIR