CURSOS GRATUITOS DE LINGUAXE ADMVA. GALEGA E CURSOS PREPARATORIOS CELGA

  • Formación
  • Otra formación
  • Idiomas
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Cuerpos Especiales de Justicia
  • Cuerpos Generales de Justicia
  • Funcionario
  • Interino
  • Otros Cuerpos de Justicia

13 de agosto de 2021

Publícase no DOG de hoxe, 13 de agosto, a Resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Solicitudes e prazos de inscrición

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega.

 

As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O alumnado con necesidades educativas especiais indicará na súa solicitude a acreditación do seu grao de discapacidade. A escola poñerá esta circunstancia en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes da xefatura territorial respectiva, no prazo máximo dun mes contado a partir do último día establecido para a presentación da documentación, para que se determinen as adaptacións pertinentes.

Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que sexan presentadas fóra de prazo.

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2021, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro), e desde o 4 ata o 14 de xaneiro de 2022, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

Ficheiros adxuntos

COMPARTIR